29/1/09

Visitade co alumnado de 4ºESO Padrón e Cambados

O alumnado de 4ºESO visitou o pasado 15 de xaneiro a Casa museo de Camilo José Cela en Padrón e na vila de Cambados, entre outras cousas, a casa de Ramón Cabanillas. Se queredes coñecer máis detalles da viaxe, lede "O niño dos carrizos" de xaneiro, o nº5. Deixade algún comentario das estupendas fotos da viaxe!!

15/1/09

Que sabes de sexo? Os diarios vermellos de Carlota e Flanagan.



Este Nadal recuperei un libro publicado no 2006 pola editorial Galaxia na súa tradución ao galego. Trátase de O diario vermello de Carlota, escrito no 2003 por Gemma Lienas. Este libro, parello a O diario vermello de Flanagan, de Andreu Martín e Jaume Ribera, é un libro de divulgación sobre a sexualidade, escrito para adolescentes: o de Carlota conta as experiencias dende o punto de vista da moza e o de Flanagan, dende o punto de vista do mozo.
Carlota coñece na estación do metro a
Flanagan, e comezan a falar. Carlota dille que vai comezar un diario vermello, onde porá as súas ideas, experiencias e esperanzas sobre a sexualidade. Flanagan decide escribir un el tamén, para ó rematalo intercambialo e comparar dúbidas e aprender xuntos. Pero a situación sáese de nai, e o que comezara como unha relación marcada por ese eixo, axiña se torna unha relación con forte cargasentimental,
cos problemas que iso conleva.
Máis alá da trama, o libro tamén serve de manual. Fala extensamente de
métodos anticonceptivos, tendencias sexuais, enfermidades de transmisión sexual, e da relación entre o sexo e o amor.
Ademais do diario vermello que aquí propomos (sobre sexualidade), Carlota escribe outros con distintos temas: o azul (sobre violencia de xénero) ou o violeta (sobre a situación da muller no mundo actual), mención de honor da Unesco no 2003.
Podedes consultar a obra completa da autora, opinións, premios, etc en
http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/lienas/index.html
Se queredes afondar no tema da sexualidade, recomendamos unha páxina que está á vosa disposición para asesoramento afectivo-sexual para a mocidade:
http://www.querote.org/. Nela tedes unha completa guía sobre sexualidade, anticoncepción, saúde ou orientación sexual, con información e a posibilidade de facer preguntas anónimas. Tamén podedes visitar www.alecrin.org/centroxove/centroxove.html.