22/11/10

En novembro... morriña do Entroido...

O pasado xoves día 18 de novembro acudiu á sesión mensual do "Tamén len" da biblioteca, Humberto Rey, da OMIX do Concello de Salceda. Leu un texto escrito por Aine Veloso Álvarez, do IES Val Miñor, gañadora do VI Certame literario do concello de Gondomar, titulado "Mafia carnavalesca". Resultou unha lectura moi entretida e próxima, xa que se trataba dun "misterio" que acontecía no tempo do Entroido nos barrios da Feira e do Barreiro. Humberto falounos da súa afección por esta festa e tamén o seu gusto pola lectura. Moitas grazas por ternos visitado!

8/11/10

Vaia lectores/as!!


O alumnado de 1º ESO do noso instituto vén de participar nun concurso convocado pola Consellaría de Educación denominado "Ler e escoitar" coordinados polas profesoras Loli e Susana. En grupo ou individual, debían ler en voz alta un texto. Os representantes do IES Pedras Rubias foron Aitor (1ºA) e Blanca, Carla, Mar e María (1ºC) que leron, respectivamente, "Uf" de Sechu Sende e a derradeira escena do primeiro lance de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.
Moitas grazas a todo o alumnado de 1º ESO pola súa excelente participación no concurso. Moita sorte aos nosos representantes!!

2/11/10

Queres formar parte dos MQs? Ven ao casting!!


Preparados, listos, ...acción!!

Se estás interesado/a en formar parte dos MQs do blog da biblioteca, non esquezas asistir ao CASTING que terá lugar o venres 5 na sala de lectura, durante o recreo.

Como cada comezo de curso, facemos unha chamada ao alumnado que queira formar parte do noso ben querido grupo dos MQs.

Os MQs (maqueadores do blog), para os que non estedes ao tanto, son un grupo de alumn@s que asesoran e colaboran no blog da biblioteca. Para que vos fagades unha idea, fan tarefas de: reporteiros, xornalistas, deseñadores, críticos literarios, blogeros, debuxantes, asesores, ... e moitas máis cousas!

Esperámovos o venres para o casting... Animádevos!