30/3/11

Poesía e primavera. As vosas flores e poemas

Aínda que hoxe o día amanecera pouco primaveral, esperamos alegrárvolo mostrándovos o resultado das vosas aportacións de flores e poemas.  A que quedou fermosa? 



Cando propuxemos esta actividade abrímola á participación doutras Bibliotecas Escolares. No IES San Paio estaban a preparar unha actividade para celebrar o Día Mundial da Poesía e o Ano dos Bosques e nos convidaron a facer unha publicación conxunta que publicaremos en breve. Aquí están, desde Tui, todos os seus poemas e as súas fermosas árbores que adornarán en breve o noso mural-xardín.


Open publication - Free publishing - More anthology

Grazas a todos/as!

27/3/11

"Cando non lemos, a imaxinación desaparece"

A través do blog de Soñando Cuentos, coñecemos este impactante anuncio televisivo canadiense feito pola Literacy Foundation.

Encántame!Nel podemos ver ás persoaxes dos contos clásicos hospitalizados e demacrados porque ninguén os le. A idea recórdame ao argumento de "A historia interminable" na que a nada invade Fantasía porque os humanos xa non lemos.
Moralexa: a importancia do fomento da lectura, cómo non! 


Literacy Foundation: The Gift of Reading -... por hourigan

25/3/11

Biblioteca de profes "José Luís Calvo"

Á volta de nadal comezaba a funcionar a Biblioteca de profes co nome de "Biblioteca José Luís Calvo" na honra do noso benquerido compañeiro.

Conta con fondos de Pedagoxía, Banda deseñada e Narrativa pertencente á Biblioteca do centro e máis coas aportacións temporais das recomendacións dos profes.

Tedes curiosidade por saber o que recomendamos? Pois abaixo podedes consultalo.

Agora só falta que José Luís poda finalmente levar a cabo a inauguración oficial. Agardámoste!





23/3/11

Recomendámosvos "La gramática del amor"

Tras a fermosa ilustración da portada (Meritxell Ribas) e o suxerente título agóchase a primeira novela de Rocío Carmona, editora e vocalista do grupo Nikosia.
Argumento: Irene, unha moza de Barcelona, atópase nun internado británico. Os seus pais fai pouco que se separaron e vén de sufrir o seu primeiro desengano amoroso. Ridiculizada durante unha clase, toca fondo e bota a correr. O seu profesor de gramática sae tras ela e lle impón un sorprendente castigo, facer un curso de "Gramática do amor". Cada semana deberá ler un libro e facer un traballo que logo comentarán na tarde dos mércores.
O listado de libros que lle deben axudar a enfrontarse á vida e ao amor é:

1- "Al sur de la frontera, al oeste del sol" de Haruki Murakami. Con el adéntrase no mundo do primeiro amor, para comprender a súa importancia e as súas consecuencias. 
"Somos o que queda de nós cando nos rompen o corazón por primeira vez" 
2- "Orgullo y Prejuicio" de Jane Austen. Para reflexionar sobre o amor entre persoas de diferente extracto social e o fácil que é interpretar erroneamente os sentimentos dos outros.
3- "Carta de una desconocida" de Stefan Zweig. Para aprender a expresar os sentimentos sen medo ao rechazo.
4- "Ana Karenina" de León Tolstoi. Con el descubrirá a diferenza entre a pasión desenfrenada e os amores tranquilos.
5- "Las desventuras del joven Werther" de Goethe sobre os amores platónicos e o perigo de proxectar sobre os demáis as nosas carencias.
6- "Jane Eyre" de Charlotte Brönte que resalta a valentía e a decisión da protagonista.
7- "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez sobre a importancia de atopar a persoa axeitada e de ser perseverante cando aparezan dificultades.

Parécenos un exemplo de literatura xuvenil intelixente. Un libro que serve de porta ou trampolín a outros libros, clásicos e contemporáneos, todo aderezado con citas ben escollidas e música ambiente. Gustounos e volo recomendamos.
Para saber máis podedes entrar no seu blog.

21/3/11

Poesía e primavera: unha flor, un poema

Hai dous anos faciamos unha entrada adicada á primavera e á poesía. Para a nosa sorpresa resultou todo un éxito de participación. Este ano queremos repetir a experiencia pero con algunha modificación. 
Queremos que todo o intituto, os profes e alumn@s, xente de outras bibliotecas escolares e TODOS OS VISITANTES nos axudedes deixándonos a vosa suxestión dunha flor/planta/árbore e máis o título dun poema. Coas vosas aportacións faremos un mural-xardín moi moi primaveral. Por suposto, canta máis diversidade mellor!
Aquí vai a miña aportación:Pensamentos e un poema de e.e.cummings. 
Feliz Primavera!
Procedencia da imaxe


Allí donde nunca he viajado, felizmente 
más allá de toda experiencia, tus ojos están en silencio:

en tu gesto más frágil hay cosas que me cierran 
o que no puedo tocar porque están demasiado cerca.


Con sólo mirarme me liberas
 
aunque haya estado cerrado como un puño
 
tú siempre me abres pétalo a pétalo
 
como la primavera abre
 
(tocándola en forma diestra y misteriosa)
 
su primera rosa.


O si tu deseo es cerrarme 
yo y
 mi vida nos cerraremos hermosa, repentinamente 
como cuando el corazón de esta flor imagina
 
la nieve cayendo cuidadosamente por doquier;
 
nada de lo que percibimos en este mundo iguala 
la fuerza de tu intensa fragilidad, 
cuya textura me somete con el color de sus campos

retornando a la muerte y la eternidad con cada respiro.


(No sé que tienes, que me cierras y me abres,
aunque algo me dice que la voz de tus ojos
 
es más profunda que todas las rosas)

nadie, ni siquiera la lluvia
 tiene manos tan pequeñas.
e.e.cummings

17/3/11

Co País do Sol Nacente.


"A gran ola de Kanagawa"
Da colección "36 vistas do Monte Fuji"
Katsushika Hokusai

Ante tanta destrucción, medo e tristeza como á que deben enfrontarse estes días as xentes do Xapón pouco se pode dicir, só acompañalos, aínda que sexa virtualmente, e mostrarlles o noso respecto e solidariedade. 

Levámosvos no pensamento e no corazón.

16/3/11

Burkomanía

Teño nas mans un cómic (sen texto) que ven de ser editado en España por Norma Editorial neste mesmo mes. Titúlase "Burkomanía" e pertence ao ilustrador belga JacPé. 

O libro enfrenta en clave de humor a situación que viven, en algúns paises de relixión islámica, as mulleres que están obrigadas a usar o burka. O sorriso, en todo caso, é un sorriso agridoce.

O prólogo do libro fíxoo Anne-Marie Lizin, Profesora no Institut des Sciences Politiques de Paris, antiga presidenta do senado en Bélxica e Membro da Liga de Dereito Internacional das Mulleres. Comeza así:

" ¿Podemos reírnos de lo que no hace gracia?¿Reímos por no llorar?
La risa, en el caso del burka, nunca es franca y abierta, consecuencia de un humor contestatario y salvador. No puede serlo porque, bajo el burka, siempre hay una victima, una víctima real.
Hay millares de esas víctimas. Y lo sabemos, Soportan un comportamiento medieval del que no pueden ni imaginarse cómo quitárselo de encima, del que ni se atreven a soñar con ser liberadas, porque la lucha para la liberación tropieza con las estructuras sociales y mentales que tienen.
Para estas víctimas, la lucha no es teórica o ideológica, como puede ser en nuestros países, porque implica que cada una de ellas arriesgue su propia vida..."


E finaliza convidándonos a actuar para erradicar do mundo estas prácticas.


"Reir es saludable. Sobre todo cuando te lleva a actuar.
Actuar contra los hipócritas, a menudo hobres, que no "ven el problema".
Actuar para legislar el burka, para prohibir las lapidaciones, para prohibir los matrimonios forzados, actuar para convertir en intolerables todas estas prácticas en Europa y en todo el mundo".

Aquí tedes algunhas viñetas (os comentarios son meus). Paga a pena que lle botedes unha ollada.

15/3/11

"Trece anos de Branca" en 1ºESO


O alumnado de 1º ESO vén de ler o libro de Agustín Fernández Paz "Trece anos de Branca". Cádranos moi ben no Mes da muller, porque está protagonizada por unha moza. Isto é o que lles pareceu ás lectoras e lectores ...

14/3/11

Cine en feminino

Tamén imos  aproveitar o Mes da  Muller para proxectar dúas películas "Quiero ser como Beckham" dirixida por Guinder Ghadha e  "Million Dollar Baby"  dirixida por Clint Eastwood, e traballar as súas respectivas unidades didácticas.



11/3/11

O IES Pedras Rubias pon os lentes violetas

Durante o mes de Marzo o IES Pedras Rubias realiza varias actividades con motivo do  Día Internacional da Muller Taballadora e coa finalidade de fomentar a igualdade de xénero.

Se o curso pasado adicamos este mes a visualización da muller en diferentes campos do coñecemento e da arte ao longo da Historia a través da Exposición “Coñéceas”,este ano queremos tomar conciencia da discriminación cara a muller poñendo os “lentes violetas”.



Así, baixo os títulos No IES Pedras Rubias vemos o mundo violeta” e “Pon as gafas violetas…e acaba coa actitude machista”, elaboramos carteis con noso alumnado como protagonista.

A actividade está inspirada no libro “O diario violeta de Carlota” de Gemma Lienas, proposto como lectura voluntaria dende áreas como Educación para a Cidadanía Lingua  Galega e Titoría.

O libro trata de facernos conscientes da discriminación cara a  muller na nosa vida cotiá e noutras sociedades e culturas e crear un espiritu crítico ante as desigualdades entre homes e mulleres.

As vosas denuncias e propostas de igualdade quedarán pegadas no papel do corredoiro da pranta baixa.  

Trataremos pois de denunciar e aplicar a regra da inversión para construir un Mundo máis  xusto.

Irma

10/3/11

Tamén len... con Mónica Vizcaya

Neste mes de "Marzo en feminino", quixemos convidar á nosa sesión do Tamén len a Mónica VizcayaConcelleira de Benestar e Igualdade do Concello de Salceda de Caselas. 

Mónica estivo connosco hoxe no recreo e falounos sobre o proxecto do "Banco de tempo". Leunos diferentes definicións do que pode ser un Banco de tempo máis unha breve historia de cómo xurdiu e evoluiu esta idea. Logo falounos da súa implantación e funcionamento no noso concello.

Resaltou a confianza e o compromiso como valores realzados por este proxecto e tamén a posibilidade que ofrece para romper cos estereotipos profesionais: sempre que poden, e alguén solicita un usuario para que lle ensine unha tarefa que tradicionalmente se considera masculina, procuran mandar unha muller, e viceversa.

Grazas pola túa visita!

9/3/11

Engánchate á lectura con... Laura Gallego

Folga dicir que se pensamos nunha escritora xuvenil española que leve arrasado nos últimos tempos, o máis probable é que o nome de Laura Gallego sexa o primeiro en virnos á cabeza. Pero, por se non a coñecedes, aquí vos deixo unha presentación coa súa biografía e obra xuvenil (ademáis ten publicados algúns contos infantís).
Laura Gallego

Para máis información visita a súa páxina, desde onde podes ler ou descargar os primeiros capítulos de case tódolos seus libros.


Estaremos pendentes da saída do seu novo libro no mes de outubro, seguro!
Vós xa nos deixarades a vosa opinión sobre o seu libro "Finis Mundi" en outra entrada do blog, desde entón, tedes lido algo máis dela? Compartídelo con nós.

8/3/11

No Día da Muller sobran as palabras



Esta é a nosa muda homenaxe neste día especial e, por suposto, que non falte o humor.





5/3/11

"Nunca me abandones" estrénase por fin o día 18.

Procedencia da imaxe
A adaptación ao cinema de "Nunca me abandones" de Kazuo Ishiguro chegará por fin aos nosos cines o 18 deste mes. Dirixida por Mark Romanek, con guión adaptado por Alex Garland e protagonizada por Carey Mulligan, Keira Knightley e Andrew Garfield, este drama-ciencia ficción promete.



Procedencia da imaxe
De que vai? Na superficie está o triángulo amoroso formado por Ruth, Kathy e Tommy, xoves que se criaron xuntos en Hailsham, un internado inglés, nos anos 60/70. Como trasfondo, unha sociedade distópica que esconde un terrible segredo e que sacrifica a vida dunha minoría en aras da saúde da maioría.

A miña opinión: o libro gustoume especialmente, evidentemente pola temática demasiado cercana, pero tamén porque me parece unha historia que mestura maxistralmente a beleza e o desacougo, o desexo e as razóns para vivir coa dignidade persoal. Creíble nos retratos das persoaxes, cheo de tenrura e amargura, deixache tocada cando o rematas. Se a película é tan boa como o libro haberá que ir vela! 

Para elaborar esta entrada consultamos o blog "versión muy original" do País, "el bazar espectáculo de cine" e a páxina da Editorial Anagrama.

4/3/11

Marzo en feminino

O vindeiro día 8 de marzo celébrase o Día da Muller Traballadora
A nós un só día nos sabía a pouco e decidimos ter un mes de marzo en feminino, para iso imos levar a cabo as seguintes actividades:
  • "Muller de PAPEL de muller". Porque queremos salientar que as mulleres tamén poden ser protagonistas, imos pedir que nos recomenden un libro con protagonista feminina a:
    • Persoeiros da cultura galega.
    • Persoeiros da nosa localidades.
    • Persoas da nosa comunidade educativa: Profesores/as, exprofesores/as, exalumnos/as, persoal non docente,..
  • Na nosa sesión mensual do Tamén len visitaranos Mónica VizcayaConcelleira de Igualdade de Salceda de Caselas.
  • O "IES Pedras Rubias pon as gafas violeta". Esta actividade, baseada no libro "O diario violeta de Carlota" de Gema Lienas, está organizada polo Departamento de Orientación e a Biblioteca e conta coa participación do alumnado de Educación para a Cidadanía que intentará detectar e denunciar as conductas sexistas.
  • Por último, os libros e películas volverán sair da biblioteca para acercarvos as nosas recomendacións.
Para que reflexionedes un pouco vos deixo este enlace a un documental de Isabel Coixet titulado "La mujer, cosa de hombres".

Que teñades un estupendo mes violeta!

3/3/11

O concurso "Un flash de amor" xa ten gañador

Pois si, o noso romántico gañador deste ano non é outro que Pablo Leal coa foto que vos mostramos a continuación:


Cuando menos lo esperas... sale el sol

Non creo que teñamos dúbida de quen o vai acompañar na CEA ROMÁNTICA...
Se queredes ver as outras fotos participantes premede aquí.

2/3/11

Pasado mañá chega a España o "Delirium" de Lauren Oliver

Procedencia da imaxe
Despois da moda dos libros de vampiros, homes lobo, rapazas pantasmas e demáis personaxes fantásticas, se están poñendo de moda as sagas de novelas distópicas ao máis puro estilo dos clásicos "1984" de George Orwell ou "Un mundo feliz" de Aldoux Huxley.
"Delirium" contanos a historia de Lena de 17 anos e da sociedade na que vive. Unha sociedade (S.XXII) na que o amor hai tempo que se considera unha enfermidade perigosa e, como tal, se combate cunha pequena operación na zona do cerebro que controla os sentimentos. Toda a población se opera ao cumprires os 18 anos para obter, a cambio, unha vida estable, controlada e feliz?
Hace sesenta y cuatro años que el presidente y el Consorcio clasificaron el amor como enfermedad y hace cuarenta y tres que los científicos encontraron una forma de curarlo. A todos los miembros de mi familia ya se les ha efectuado la operación. [...] Yo tengo cita para mi operación dentro de noventa y cinco días exactamente, 3 de septiembre. Es mi cumpleaños.
[...] Después de la operación seré feliz y estaré a salvo para siempre. Eso es lo que dice todo el mundo, los científicos y mi hermana y la tía Carol. me harán la intervención y a continuación me emparejarán con un chico elegido para mí por los evaluadores. Dentro de unos pocos años nos casaremos. Últimamente he empezado a soñar con mi boda. En los sueños me encuentro bajo un toldo blanco, con flores en el pelo. Voy de la mano de alguien, pero cuando me vuelvo para mirarlo su cara se vuelve borrosa, es como una cámara que se desenfoca, y que me impide distinguir sus rasgos. Pero sus manos están frescas y secas al tacto y el corazón me late de forma regular en el pecho -y en el sueño sé que siempre latirá con ese mismo ritmo, que no va a acelerarse, dar un vuelco, brincar ni hacer cabriolas, simplemente seguirá con su tic-tac-tic-tac hasta que me muera.


Segura y a salvo del dolor." 


Que creedes que vai pasar? Pois si, Lena pouco antes da operación namórase... Se queredes ler o primeiro capítulo premede aquí.
"Delirium" é só a primeira parte dunha triloxía composta, ademáis, por "Pandemonium" e "Requiem".
Para máis información vos deixo a páxina da editorial SM que é a que edita o libro en España. Dicirvos que, por suposto ten páxina en facebook e anunciarvos que pronto haberá peli, pois xa se venderon os dereitos á Fox.
A expectativa pola chegada do libro é inmensa xa que a súa autora, Lauren Oliver, foi súperventas co seu libro anterior: "Si no despierto" pero iso merece outra entrada que faremos en breve.

1/3/11

Novas seccións: Audiolibros e internet segura.

Últimamente andamos cambiándolle a cara ao blog e non só no que atinxe á estética (cabeceira, cores, deseño) senón ao contido. Sei que non sodes moi amigos de andarvos desprazando arriba e abaixo polo blog, nin de fozar demasiado nos enlaces da columna da dereita pero unha nunca se dá por vencida. 

Despois da creación da sección "libros para ver e escoitar" onde imos colgando bookstrailers e montaxes en video de algúns libros especialmente fermosos, tocáballe o turno aos "libros para escoitar".

Desde hoxe, contades na columna da dereita con enlaces a páxinas desde onde podedes escoitar ou descargar gratis audiolibros e podcast para o ordenador, ipod, móbil, reproductor mp3, etc.

Cada mes proporemos un audiolibro; o deste é "El señor de los anillos" de J.R.Tolkien. Para os vindeiros meses contamos coas vosas suxestións.

Para rematar hai unha nova sección que consideramos imprescindible que visitedes, a de "Navegar seguros" onde tedes os enlaces ás páxinas que vos proporcionan as pautas a seguir para moverse por internet con responsabilidade e seguridade.

Esperamos que vos gusten e vos sexan de utilidade!